A anorexia
Anorexia: Trastorno psicolóxico relacionado coa falta de autoestima que inflúe na percepción persoal do físico, provocando que aínda que o teu peso sexa inferior á media da túa idade ti continúes sentíndote con sobrepeso, causando unha alteración na alimentación que repercute no físico diminuindo o teu peso máis do que debería.
Pese ao que poda pensar a maioría, non é un trastorno que só afecta ás mulleres, aínda que é máis común que se den estes casos no xénero feminino, hai un amplo número de homes que o padecen.
Esta historia trata sobre unha nena chamada
Raquel, que ten unha amiga anoréxica, a cal no seu comedor escolar tira e esconde a comida. Ela pensa que é un xogo, e como quere estar máis delgada, úneselle. Ela botaba e escondía a comida para estar máis delgada, pero solo facíao no comedor escolar. Un día, díxose a sí mesma que tiña que repetilo en todas as comidas, que así adelgazaría, e empezou a facelo. Pouco a pouco, iba perdendo quilos, ata que fíxose anoréxica. Ela tivo moito problema con isto, xa que estuvo en rehabilitación para que comera e volvese a normalidade. Perdeu dous anos da súa vida, e agora ten que estudar moito para facer 3º e 4º da E.S.O. Actualmente cústalle comer e ten dificultades na súa carreira porque fáltanlle eses dous anos.