Nada máis chegamos á rúa Príncipe, sacamos unha foto co resto do grupo e participamos nunha actividade de breakdance, e empezamos a completar todo o necesario para esta reportaxe.
O evento é organizado todos os anos polo consello municipal da muller e a concellería de igualdade. Este ano, o lema da campaña é ''Somos quen de deter a violencia de xénero''.
O primeiro que visitamos para buscar a información foi a exposición de murais colectiva, na que o noso colexio participou co seguinte mural:
De todos os que había expostos, o preferido pola maioría do grupo foi este:
A mensaxe de que temos que evitar a violencia física contra as mulleres nos chamou a atención no particular debuxo dos ollos que representan unha muller vítima e unha muller que non padece este problema.
Despois pasamos pola exposición itinerante ''Violencia sexual na xuventude''. Capturamos os datos que máis nos chamaron a atención nestas dúas imaxes.
Por último, visitamos as actividades lúdicas na rúa que estaban en Urzaiz, pasada a praza da farola despois da rúa Príncipe.
O tráfico deteuse durante a duración do acto para poder levar a cabo actividades de breakdance, coreografías, zumba e xogos circenses que numerosos 'animadores' dirixían.
Gardamos un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero, posteriormente a un extenso discurso que nos recorda que Vigo está en contra disto e que temos que conseguir frear este problema, porque as vítimas son moi numerosas.
Valoramos positivamente a actividade, malia que todo o que limos era información xa coñecida, foi unha boa maneira de recordarnos que todos debemos tomar parte na loita contra a violencia de xénero e a violencia sexual na xuventude.
Somos quen de deter a violencia de xénero

