miércoles, 24 de febrero de 2016

Diario de sesións. 24/02/16

Diario de sesións
  • Todos traballamos valorando as posibles clases nas que poderiamos realizar a enquisa, participando asertivamente nas votacións e decidindo en equipo.
  • Naomi faltou.

Organización e planificación da realización da enquisa e da observación

Cando?
Venres 26 de febreiro, na primeira hora da mañá, na clase de Galego.

Onde?
Na clase de 1ºA da E.S.O.

Como?
Empregando dez minutos do tempo da clase para pasar a enquisa aos alumnos, que respondan e recoller os resultados.

Precisamos pedir permiso? A quen?
Os permisos son necesarios por parte da nosa profesora da primeira hora do venres e do mestre/mestra que esté presente en primeiro nese período de tempo.

miércoles, 17 de febrero de 2016

Deseño e creación dunha enquisa

Sexismo: Actitude discriminatoria cara un sexo por ter a crencia de que este é inferior ao outro.

Preguntas para a sondaxe:

1- Algunha vez se che impediu realizar algunha actividade ou a descartaches porque é considerada non apta para o teu xénero?
  • Non
  • Non sei, non contesto

2- Consideras que a sociedade adoita valorar máis o home que a muller?
  • Non
  • Non sei, non contesto

3- Cres que a muller é tratada só coma un obxecto físico sen ter en conta a súa personalidade ou as súas opinións?
  • Non
  • Non sei, non contesto

4- Nalgún momento mantiveches unha atitude sexista cara ao outro xénero?

(Exemplo: Negarlle xogar ao balón a unha compañeira, denominar despectivamente a un compañeiro por chorar...)
  • Non
  • Non sei, non contesto

5- Algunha vez percibiches trazos sexistas na publicidade?
  • Non
  • Non sei, non contesto 

6- Cres que empregamos a lingua de maneira sexista?
  • Non
  • Non sei, non contesto

7- Coidas que neste século as mulleres xa teñen os mesmos dereitos, oportunidades e condicións no ambito laboral que os homes ?
  • Non
  • Non sei, non contesto 

8- Na túa familia adoita empregarse unha linguaxe sexista?
  • Non
  • Non sei, non contesto

9- Os teus xoguetes da infancia poderían considerarse sexistas?
  • Non
  • Non sei, non contesto

10- Consideras que no colexio poderías atopar (no profesorado, na maneira de calificar...) algún rastro de sexismo?
  • Non
  • Non sei, non contesto

Diario de sesións. 17/02/16

Diario de sesións (Sesión 3)

  • Laura P.O.: Realizou catro das dez preguntas para elaborar a enquisa.
  • Eva C.R. e Pedro C.G.: Redactaron outras tres partes da sondaxe.
  • Naomi U.R. e Víctor D.R.: Encargáronse das mesmas tarefas que Eva e Pedro.

Rematamos as dez preguntas que precisabamos para posteriormente elaborar a enquisa.

miércoles, 3 de febrero de 2016

Diario de sesións. 03/02/16

Diario de sesións (Sesión 2)

  • Eva, Laura, Naomi, Víctor: Non houbo tempo suficiente para precisar a información.
  •  Pedro faltou a clase.