jueves, 16 de junio de 2016

A reportaxe

A nosa campaña ten un tema centrado no consumismo e na contaminación do medio ambiente. Escollimos este tema por unha razón xa pensada antes de escoller o tema, Nos pareceu un tema actual a parte de interesante para a poboación e o colexio.
A nosa campaña, a contaminación e o consumismo, diríxese a todo tipo de público.

Desde que escollimos o tema tíñamos claro que non sería fácil chegar a promover actos medioambientais para coidar o mundo.
Dentro da campaña a nosa preferencia foi a contaminación aínda que fixemos carteis con o tema de consumismo máis a contaminación.
No primeiro momento xa timos claro que repartiríamos folletos pero anteriormente faríamosno na población e non no colexio. Ao final decidimos que a campaña este ambientada para o público mozo.
Comezamos a buscar asociacións en contra da contaminación. Dentro de Galicia tomamos de referencia a Adega, unha asociación famosa por a loita contra a eucaptilización en territorio galego.
Buscando asociación e informandonos máis afondo no noso tema atopamos unha característica importante dentro da contaminación: a reciclaxe.
Surxiu a idea de facer unha campaña de reciclaxe para concienciar ao colexio da importancia deste.

Para a contaminación, decidimos facer unha proposta ao colexio sobre a colocación de diferentes cubos de lixo para plástico e biodegradable, ademáis do reparto duns folletos informativos e varios carteis polo patio e clases da ESO. O principal obxetivo destes é o de concienciar aos alumnos e profesorado do centro educativo para que, si non recliclan, comecen co hábito de coidar o medio.

Máis avanzado o noso traballo, buscando todo tipo de información para condimentar esta por exemplo cancións, imaxes…, inventamos lemas para que os nosos carteis e, en xeral, para ilustrarnos na nosa campaña e tomar algunhas ideas para o resultado final.

Deses lemas e imaxes naceron os carteis e folletos a repartir polas clases e no patio. Constituimos 2 carteis un para a idea da reciclaxe e outro, con máis información, sobre a contaminación e consumismo. Os folletos levan algunha información e, sobre todo, lemas para chamar a atención do destinatario.

A nosa campaña é simple pero tentamos que sexa innovador e informativo sobre un tema que xa deberíamos de coñecer.

Cartel da reciclaxe

Cartel da campaña

viernes, 10 de junio de 2016

Diario de sesións 10/6/16

Diario de sesións

Pedro C. G.: Realizou a corrección das actividades da constitución e dos Dereitos Humanos. (8'5)
Eva C. R.: Corrixiu as diferentes entradas mal feitas. (8'5)
Víctor D. R.: Axudou a Pedro. (8'5)
Naomi U. R.: O mesmo que Eva. (8'5)

viernes, 3 de junio de 2016

Diario de sesións 3/6/16

Pedro C.G.: Realizou o cartel da contaminación e do consumismo coa axuda de Víctor.
Eva C.R.: Comezou o cartel para a campaña de reciclaxe e axudou se había calquer problema.
Víctor D. R.: Realizou con Pedro o cartel.
Naomi U. R.:  Realizou a cartel da reciclaxe con Eva.

miércoles, 1 de junio de 2016

Diario de sesións 1/6/16

Pedro C.G.: Axudou a Naomi a finalizar os folletos xa empezados na clase anterior. (9´5)
Eva C.R: Organizou a campaña e solucionou os problemas que aconteceron. Tamén axudou a Victor na realización do cartel. (9'5)
Victor D.R.: Fixo o cartel para a campaña. (9'5)
Naomi U. R.: Coa axuda de Pedro tentaron rematar os folletos. (9'5)