miércoles, 16 de diciembre de 2015

Diario de sesións. 09/12/2015

Diario de sesións


  • Naomi U.R. e Pedro C.G.: Buscaron diferentes vídeos e datos en internet para contrastar co escrito de redacción propia, mais toda a información necesaria xa a sabíamos e as fontes non foron necesarias.
  • Eva C.R.: Axudou a todos coa búsqueda do vídeo e coa redacción.
  • Laura P.O.: Elaborou o informe de redacción propia e engadiu o vídeo.

Diario de sesións. 16/12/15

Diario de sesións

Laura P.O. e Eva C.R.: Redactaron a entrada sobre a prevención da anorexia.

Naomi U.R. e Pedro C.G.: Buscaron os medios audiovisuais para a entrada.

Como previr a anorexia?

Como previr a anorexia?

Prevención na casa:

  • O fogar é o lugar onde se poden detectar mellor os primeiros síntomas deste trastorno.
  • É necesario un ambiente familiar postivo, que transmita seguridade pero sen chegar á sobreprotección, no que a persoa síntase invitada a falar dos seus problemas e non a gardalos.

Prevención na escola:

  • E necesario destacar na clase conceptos coma:
  1. Conseguir un xuízo máis crítico sobre os ideais estéticos.
  2. Formar os propios valores sobre o físico persoal.
  3. Respetar as diferenzas.
  4. Recoñecer as capacidades e limitacións.

  • É fundamental en ambos casos fomentar a autoestima de quen padece este trastorno.
  • Débese ensinar desde pequenas ás persoas a seguir uns habitos saudables para non ter repercusións físicas provocadas por unha alimentación negativa.
  • Animar a practicar exercicio físico para mantenerse moderadamente en forma e nun peso saudable.
  • Facilitar as relacións sociais.
  • Manter unhas horas de soño adecuadas.

En definitiva, manterse saudable e con boa autoestima.


Fontes:

https://www.prevencion.adeslas.es/es/trastornoalimenticio/masprevencion/Paginas/prevenir-anorexia-bulimia.aspx

http://www.20minutos.es/noticia/2365842/0/anorexia-bulimia/trastornos-conducta-alimentaria/habitos-prevencion/

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Por que se produce a anorexia?

Por que se produce a anorexia?

A causa fundamental da anorexia é a falta de autoestima.
  • A falta de autoestima pode estar causada polo exceso de comentarios negativos recibidos por parte de familiares, amigos, coñecidos e persoas coas que nos relacionamos. 
  • Outra causa da falta de autoestima pode ser o empeoramento académico repentino. 
  • Tamén pode estar ocasionada pola falta de afecto e atención.
  • Hai máis causas.

Información de redacción propia sen necesidade de fontes xa que era información precisada anteriormente e que coñeciamos.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Diario de sesións. 04/12/2015

Diario de sesións

Laura P.O.: Rematou o informe sobre a anorexia que empezaran o día anterior.

Pedro C.G.: Atopou unha imaxe para o informe e ordenou os datos da secuencia de galego que tiñamos que entregar hoxe.

Eva C.R.: Pasou as imaxes e o vídeo ao informe e tamén ordenou os datos da secuencia.

Naomi U.R.: Faltou a clase.

Que é a anorexia, a quen afecta e como se manifesta?

Que é a anorexia, a quen afecta e como se manifesta?

Que é?

A anorexia é un trastorno psicolóxico que repercute na autoimaxe e normalmente provoca un adelgazamento extremo e insán nas persoas que a padecen. 


A quen afecta?

  • Afecta a toda clase de persoas de diferentes culturas e idades, e xa a medio millón de persoas en España. 
  •  O máis común é asociala a adolescentes do sexo feminino, debido a que nesa época da vida é corrente que teñan unha autoimaxe negativa e isto pode provocar a anorexia. Ao redor do 0,3% da poboación feminina entre os 12 e os 21 anos padece anorexia, e o 3,1% trastornos de conduta alimentaria non especificados. O 90% dos afectados pola anorexia son mulleres de entre os 13 e os 23 anos. 
Como conclusión, a anorexia afecta, en menor ou maior medida, a unha de cada dez nenas adolescentes. 
  • Maniféstase tamén en adolescentes do sexo masculino, adultos e adultas maiores de idade, etc. Só o 5/10% dos afectados son homes, xa que a maioría padecen no seu lugar a bulimia. 
  • Anorexia nerviosa: A edad de inicio normal da anorexia nerviosa pode situarse entre os 13 e os 18 anos, malia que cada vez aumenta o número de mulleres antes e despois da esa idade que a sofren, alcanzando a nenas de ata 9 anos.
  • Nos países máis avanzados aumentaron os casos nos últimos 50 anos.

Como se manifesta?

A anorexia maniféstase cunha gran pérdida de peso que chega a niveis alarmantes e a negación ante a necesidade de comer.

Vídeo relacionado:


https://www.youtube.com/watch?v=YE0MT0vy7A0


Fontes:

https://www.prevencion.adeslas.es/es/trastornoalimenticio/masprevencion/Paginas/cifras-anorexia-bulimia.aspx

http://elpais.com/diario/1999/07/06/sociedad/931212001_850215.html

http://bienestar.salud180.com/salud-dia-dia/caracteristicas-de-la-anorexia

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Diario de sesións. 02/12/15

Diario de sesións

Laura P. O.: Redactou a entrada informe sobre a anorexia baseándose nas fontes que lle proporcionaron.

Pedro C.G., Naomi U.R., Eva C.R.: Proporcionaron as fontes, buscaron videos e imaxes... E todo o material audiovisual corre á súa conta.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Reportaxe día internacional contra a violencia de xénero

Hoxe, 25 de novembro, visitamos as exposicións da rúa Príncipe contra a violencia de xénero e a violencia sexual na xuventude. Aquí vos deixamos unha reportaxe sobre as nosas vivencias:

Nada máis chegamos á rúa Príncipe, sacamos unha foto co resto do grupo e participamos nunha actividade de breakdance, e empezamos a completar todo o necesario para esta reportaxe.

O evento é organizado todos os anos polo consello municipal da muller e a concellería de igualdade. Este ano, o lema da campaña é ''Somos quen de deter a violencia de xénero''.

O primeiro que visitamos para buscar a información foi a exposición de murais colectiva, na que o noso colexio participou co seguinte mural:



De todos os que había expostos, o preferido pola maioría do grupo foi este:



A mensaxe de que temos que evitar a violencia física contra as mulleres nos chamou a atención no particular debuxo dos ollos que representan unha muller vítima e unha muller que non padece este problema.

Despois pasamos pola exposición itinerante ''Violencia sexual na xuventude''. Capturamos os datos que máis nos chamaron a atención nestas dúas imaxes.


Por último, visitamos as actividades lúdicas na rúa que estaban en Urzaiz, pasada a praza da farola despois da rúa Príncipe.

O tráfico deteuse durante a duración do acto para poder levar a cabo actividades de breakdance, coreografías, zumba e xogos circenses que numerosos 'animadores' dirixían.

Tanto o alcalde como a concelleira de igualdade interviron no evento mentres os nenos presentes (Procedentes de 41 colexios distintos da zona) elevabamos no aire dúas 'pancartas' co lema da campaña deste ano e varias cintas de cor morada como símbolo.

Gardamos un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero, posteriormente a un extenso discurso que nos recorda que Vigo está en contra disto e que temos que conseguir frear este problema, porque as vítimas son moi numerosas.

Valoramos positivamente a actividade, malia que todo o que limos era información xa coñecida, foi unha boa maneira de recordarnos que todos debemos tomar parte na loita contra a violencia de xénero e a violencia sexual na xuventude.

Somos quen de deter a violencia de xénero


Diario de sesións. 25/11/15

Diario de sesións


  • Laura  P. O.: Redactou a reportaxe do día internacional contra a violencia de xénero.


  • Eva C. R.: Axudou na realización do diario de sesións e tamén colaborou na redacción dando ideas.


  • Pedro C. G.: Axudou na realización do diario de sesións e tamén colaborou na redacción dando ideas.


  • Naomi U. R: Axudou na realización do diario de sesións e tamén colaborou na redacción dando ideas.






jueves, 12 de noviembre de 2015

O consumismo e a contaminación do medio

O consumismo e a contaminación do medio

Consumismo: Adquirición excesiva de bens materiais.
Contaminación do medio: Prexudicación da flora e fauna provocada por diversas causas.

Estes dous conceptos manteñen unha estreita relación debido a que o consumismo provoca contaminación no ambiente, sempre que unha persoa adquire un produto por exemplo envolto en plástico, este material vai rematar repercutindo negativamente porque os derivados do petróleo tardan moitos anos en descompoñerse. 

Así, o consumismo é unha causa da contaminación do medio, e por iso é necesario evitalo para poder protexer ó noso planeta.

(Información de redacción propia)

viernes, 6 de noviembre de 2015

Diario de sesións. 06/11/15

Diario de sesións

Laura P.O.: Redactou a entrada sobre o consumismo e a contaminación do medio.

Eva C.R., Pedro C.G. e Naomi U.R.: Precisaron información sobre o mesmo tema na web para dispoñer de datos diferentes dos que xa tiña a súa compañeira.

jueves, 5 de noviembre de 2015

A violencia: O bullying

O bullying


Bullying: Violencia física ou verbal establecida entre dous alumnos dun colexio no que un é o ''agresor'' e o outro a ''vítima'' (tamén podénse dar casos nos que ambos sexan ''agresores'' e ''vítimas''), tamén é coñecido como ''acoso escolar''.




Este fenómeno súfrese entre os 11-18 anos según os datos estadísticos de España, malia que se coñecen casos en nenos e nenas menores.


O 24.8% de persoas sufriron bullying entre os 11-18 anos.

Os índices son ainda máis elevados en países coma Estados Unidos, Francia, Reino Unido e Alemaña. España non se alonxa moito deles de todos modos.


Fontes:

http://www.elbullying.com/cifras-acoso-escolar-escuela-estadisticas/

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Diario de sesións. 04/11/15

Diario de sesións

Laura P.O. e Eva C.R.: Publicaron a entrada de ''problemas actuais'' que todavía non tiñamos rematada, escribiron a definición e buscaron a imaxe sobre o bullying.

Pedro C.G. e Naomi U.R.: Precisaron as estadísticas e datos para rematar a entrada sobre o acoso escolar.

Os prexuicios sociais ou racistas: O sexismo

O sexismo

Sexismo: Actitude discriminatoria cara un sexo por ter a crencia de que este é inferior ao outro. 

É un problema do que aínda se dan casos e que deixou de ser tan extremadamente grave hai uns escasos séculos. 

Ademáis, nesta entrada imos amosarvos unha serie de anuncios nos que detectamos o sexismo:

  • No primeiro anuncio se observa a unha muller que lles ensina a unhas amigas o seu armario, e todas comezan a elevar o ton de voz con pequenos gritiños, ata que escoitan aos homes repetir os seus mesmos sons, e logo se lles observa a eles nun armario cheo de cervexa.
  • O segundo anuncio amosa sexismo en anuncios de nenos. Obsérvase como as nenas teñen que vestir e como deben de ser, igual que nos nenos.
  • No terceiro se ve que as mulleres teñen que lavar o que ensucian os homes, xa que neste caso é a nai a que se encarga de facer a colada, mentres que o seu fillo, varón, é o que deixa a ropa chea de manchas.
  • O carto é unha propaganda de Dolce and Gabbana no que se trata á muller coma un obxecto sexual.
  • No quinto dase a entender como teñen que vestir as mulleres para gustarlles aos homes.
  • No sexto hai unha representación de como un home ten que atraer a unha muller.
  • O séptimo anuncio deixanos ver a suposición de que as mulleres teñen que estar todo o rato pendentes de que a casa permaneza limpa.
  • No octavo as únicas con bolsas que amosan comprar son as mulleres.
  • E no último se ve que os homes sempre teñen que rematar gañando.



miércoles, 28 de octubre de 2015

Diario de sesións. 28/10/15

Diario de sesións

Laura P.O. e Eva C.R.: Remataron a parte asignada sobre o problema social que escolleu o grupo, repasou as faltas ortográficas na entrada que se publicou aparte.

Naomi U.R. e Pedro C.G.: Atoparon o exemplo que se precisabae que xa comezaran a buscar na anterior sesión e remataron a entrada que tiñamos que ter feita entre esta e a próxima hora na aula de informática.

viernes, 23 de octubre de 2015

Diario de sesións. 23/10/15

Diario de sesións

Laura P.O. e Eva C.R.: Revisaron a entrada sobre a anorexia previamente a publicala, comezaron coa seguinte entrada facendo a definición necesaria e buscando una imaxe.

Naomi U.R. e Pedro C.G.: Cambiaron o enlace da bitácora e buscaron un caso real que se precisa para a entrada do seguinte día que xa comenzamos a facer.

jueves, 22 de octubre de 2015

A anorexia

A anorexia

Anorexia: Trastorno psicolóxico relacionado coa falta de autoestima que inflúe na percepción persoal do físico, provocando que aínda que o teu peso sexa inferior á media da túa idade ti continúes sentíndote con sobrepeso, causando unha alteración na alimentación que repercute no físico diminuindo o teu peso máis do que debería.


Pese ao que poda pensar a maioría, non é un trastorno que só afecta ás mulleres, aínda que é máis común que se den estes casos no xénero feminino, hai un amplo número de homes que o padecen.

Esta historia trata sobre unha nena chamada Raquel, que ten unha amiga anoréxica, a cal no seu comedor escolar tira e esconde a comida. Ela pensa que é un xogo, e como quere estar máis delgada, úneselle. Ela botaba e escondía a comida para estar máis delgada, pero solo facíao no comedor escolar. Un día, díxose a sí mesma que tiña que repetilo en todas as comidas, que así adelgazaría, e empezou a facelo. Pouco a pouco, iba perdendo quilos, ata que fíxose anoréxica. Ela tivo moito problema con isto, xa que estuvo en rehabilitación para que comera e volvese a normalidade. Perdeu dous anos da súa vida, e agora ten que estudar moito para facer 3º e 4º da E.S.O. Actualmente cústalle comer e ten dificultades na súa carreira porque fáltanlle eses dous anos.

miércoles, 21 de octubre de 2015

Diario de sesións. 21/10/15

Diario de sesións

Eva C.R. e Laura P.O.: Redactaron a definición sobre a anorexia e buscaron a imaxe necesaria.

Naomi U.R. e Pedro C.G.: Precisaron un video sobre a anorexia que amosa un problema real e o resumiron.

viernes, 16 de octubre de 2015

Diario de sesións. 16/10/15

Diario de sesións

Eva C.R. e Laura P.O: A súa tarefa foi modificar a apariencia do blog e engadirlle os gadgets necesarios. Tamén subiron as seguintes entradas: O noso equipo e Cargos e funcións.

Naomi U.R. e Pedro C.G.: Subiron a entrada coas normas do equipo e modificaron en menor cantidade a apariencia da nosa bitácora.

Cargos e funcións

Cargos do noso equipo:
  • Eva C.R.: Coordinadora
  • Pedro C.G.: Axudante
  • Laura P.O.: Historiadora
  • Naomi U.R.: Motivadora

Funcións de cada cargo:
  • Coordinadora:
Distribúe as tarefas de cada xornada antes de que esta empece e tenta que todos/as fagan o encomendado durante a sesión.
  • Axudante:
Presta o seu apoio á coordinadora e bótalle unha man en todas as súas funcións para garantir un mellor funcionamento do grupo.
  • Historiadora:
Encárgase de observar e asegurarse de que todos os membros cumpran as súas tarefas asignadas, información que deberá reflectir no caderno de equipo.
  • Motivadora:
Asegúrase de que todos no grupo manteñan una conduta asertiva entre eles e de que as relacións sexan positivas para conseguir desta maneira que o grupo funcione á perfección.


Valoración da primeira avaliación 

Eva C.R. no cargo de coordinadora: Cumpliu perfectamente co seu traballo, ainda que a repartición das tarefas rematou por ser máis grupal.

Pedro C.G. no cargo de axudante: Tamén realizou as súas funcións sen erros e procurando garantir un bó funcionamento e un menor cargo da responsabilidade na coordinadora.

Laura P.O. no cargo de historiadora: Redactou a meirande parte dos diarios de sesións, procurando reflectir a efectividade do grupo en cada hora de traballo.

Naomi U.R. no cargo de motivadora: Garantiu un óptimo funcionamente no grupo mellorando as relacións para que foran máis asertivas, ademáis de mediar nalgúns escasos conflitos verbais que se ocasionaron.

Cambios con respecto á anterior organización
  • Eva C.R.: Coordinadora.
  • Naomi U.R.: Axudante (cambio desde motivadora).
  • Laura P.O.: Historiadora.
  • Pedro C.G. e Víctor D.R.: Motivadores (cambio de Pedro desde axudante e incorporación dun novo membro ao equipo).

Normas do equipo


Normas de equipo
Data de incorporación
-Non realizar cambios no blog sen o consentimento de todo o grupo.
16/10/15
-Respectarse mutuamente.
16/10/15
-Non rechazar con agresividade.  
16/10/15
-Ser o máis asertivo posible.
16/10/15
-Non distraerse mentres traballamos.
16/10/15
                                                                    
Normas da aula
-Atendemos ás indicacións da profesora.
-Respectamos a sinal pactada para gardar silencio e os momentos de traballo sen ruido.
-Comezamos a traballar unha vez que todos os membros do equipo teñen unha tarefa asignada.
-Resolvemos os conflitos a través do diálogo.

O noso equipo

Nome do equipo:

'Xuntos'

Escollemos o noso nome porque cremos que vai ser un punto clave o traballo en equipo á hora de fomentar as relacións positivas e tentar eliminar as ''fobias'' do noso colexio como ben poden ser a homofobia, xenofobia, o machismo e outras tantas que se padecen ao redor do mundo e non só na nosa pequena cidade.

Compoñentes: 

  • Eva C.R.
  • Laura P.O.
  • Naomi U.R.
  • Pedro C.G.