Que é?
A anorexia é un trastorno psicolóxico que repercute na autoimaxe e normalmente provoca un adelgazamento extremo e insán nas persoas que a padecen.
- Afecta a toda clase de persoas de diferentes culturas e idades, e xa a medio millón de persoas en España.
- O máis común é asociala a adolescentes do sexo feminino, debido a que nesa época da vida é corrente que teñan unha autoimaxe negativa e isto pode provocar a anorexia. Ao redor do 0,3% da poboación feminina entre os 12 e os 21 anos padece anorexia, e o 3,1% trastornos de conduta alimentaria non especificados. O 90% dos afectados pola anorexia son mulleres de entre os 13 e os 23 anos.
Como conclusión, a anorexia afecta, en menor ou maior medida, a unha de cada dez nenas adolescentes.
- Maniféstase tamén en adolescentes do sexo masculino, adultos e adultas maiores de idade, etc. Só o 5/10% dos afectados son homes, xa que a maioría padecen no seu lugar a bulimia.
- Anorexia nerviosa: A edad de inicio normal da anorexia nerviosa pode situarse entre os 13 e os 18 anos, malia que cada vez aumenta o número de mulleres antes e despois da esa idade que a sofren, alcanzando a nenas de ata 9 anos.
- Nos países máis avanzados aumentaron os casos nos últimos 50 anos.
Como se manifesta?
A anorexia maniféstase cunha gran pérdida de peso que chega a niveis alarmantes e a negación ante a necesidade de comer.
Vídeo relacionado:
https://www.youtube.com/watch?v=YE0MT0vy7A0
Fontes:
https://www.prevencion.adeslas.es/es/trastornoalimenticio/masprevencion/Paginas/cifras-anorexia-bulimia.aspx
http://elpais.com/diario/1999/07/06/sociedad/931212001_850215.html
http://bienestar.salud180.com/salud-dia-dia/caracteristicas-de-la-anorexia
No hay comentarios:
Publicar un comentario