miércoles, 16 de diciembre de 2015

Diario de sesións. 09/12/2015

Diario de sesións


  • Naomi U.R. e Pedro C.G.: Buscaron diferentes vídeos e datos en internet para contrastar co escrito de redacción propia, mais toda a información necesaria xa a sabíamos e as fontes non foron necesarias.
  • Eva C.R.: Axudou a todos coa búsqueda do vídeo e coa redacción.
  • Laura P.O.: Elaborou o informe de redacción propia e engadiu o vídeo.

Diario de sesións. 16/12/15

Diario de sesións

Laura P.O. e Eva C.R.: Redactaron a entrada sobre a prevención da anorexia.

Naomi U.R. e Pedro C.G.: Buscaron os medios audiovisuais para a entrada.

Como previr a anorexia?

Como previr a anorexia?

Prevención na casa:

  • O fogar é o lugar onde se poden detectar mellor os primeiros síntomas deste trastorno.
  • É necesario un ambiente familiar postivo, que transmita seguridade pero sen chegar á sobreprotección, no que a persoa síntase invitada a falar dos seus problemas e non a gardalos.

Prevención na escola:

  • E necesario destacar na clase conceptos coma:
  1. Conseguir un xuízo máis crítico sobre os ideais estéticos.
  2. Formar os propios valores sobre o físico persoal.
  3. Respetar as diferenzas.
  4. Recoñecer as capacidades e limitacións.

  • É fundamental en ambos casos fomentar a autoestima de quen padece este trastorno.
  • Débese ensinar desde pequenas ás persoas a seguir uns habitos saudables para non ter repercusións físicas provocadas por unha alimentación negativa.
  • Animar a practicar exercicio físico para mantenerse moderadamente en forma e nun peso saudable.
  • Facilitar as relacións sociais.
  • Manter unhas horas de soño adecuadas.

En definitiva, manterse saudable e con boa autoestima.


Fontes:

https://www.prevencion.adeslas.es/es/trastornoalimenticio/masprevencion/Paginas/prevenir-anorexia-bulimia.aspx

http://www.20minutos.es/noticia/2365842/0/anorexia-bulimia/trastornos-conducta-alimentaria/habitos-prevencion/

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Por que se produce a anorexia?

Por que se produce a anorexia?

A causa fundamental da anorexia é a falta de autoestima.
  • A falta de autoestima pode estar causada polo exceso de comentarios negativos recibidos por parte de familiares, amigos, coñecidos e persoas coas que nos relacionamos. 
  • Outra causa da falta de autoestima pode ser o empeoramento académico repentino. 
  • Tamén pode estar ocasionada pola falta de afecto e atención.
  • Hai máis causas.

Información de redacción propia sen necesidade de fontes xa que era información precisada anteriormente e que coñeciamos.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Diario de sesións. 04/12/2015

Diario de sesións

Laura P.O.: Rematou o informe sobre a anorexia que empezaran o día anterior.

Pedro C.G.: Atopou unha imaxe para o informe e ordenou os datos da secuencia de galego que tiñamos que entregar hoxe.

Eva C.R.: Pasou as imaxes e o vídeo ao informe e tamén ordenou os datos da secuencia.

Naomi U.R.: Faltou a clase.

Que é a anorexia, a quen afecta e como se manifesta?

Que é a anorexia, a quen afecta e como se manifesta?

Que é?

A anorexia é un trastorno psicolóxico que repercute na autoimaxe e normalmente provoca un adelgazamento extremo e insán nas persoas que a padecen. 


A quen afecta?

  • Afecta a toda clase de persoas de diferentes culturas e idades, e xa a medio millón de persoas en España. 
  •  O máis común é asociala a adolescentes do sexo feminino, debido a que nesa época da vida é corrente que teñan unha autoimaxe negativa e isto pode provocar a anorexia. Ao redor do 0,3% da poboación feminina entre os 12 e os 21 anos padece anorexia, e o 3,1% trastornos de conduta alimentaria non especificados. O 90% dos afectados pola anorexia son mulleres de entre os 13 e os 23 anos. 
Como conclusión, a anorexia afecta, en menor ou maior medida, a unha de cada dez nenas adolescentes. 
  • Maniféstase tamén en adolescentes do sexo masculino, adultos e adultas maiores de idade, etc. Só o 5/10% dos afectados son homes, xa que a maioría padecen no seu lugar a bulimia. 
  • Anorexia nerviosa: A edad de inicio normal da anorexia nerviosa pode situarse entre os 13 e os 18 anos, malia que cada vez aumenta o número de mulleres antes e despois da esa idade que a sofren, alcanzando a nenas de ata 9 anos.
  • Nos países máis avanzados aumentaron os casos nos últimos 50 anos.

Como se manifesta?

A anorexia maniféstase cunha gran pérdida de peso que chega a niveis alarmantes e a negación ante a necesidade de comer.

Vídeo relacionado:


https://www.youtube.com/watch?v=YE0MT0vy7A0


Fontes:

https://www.prevencion.adeslas.es/es/trastornoalimenticio/masprevencion/Paginas/cifras-anorexia-bulimia.aspx

http://elpais.com/diario/1999/07/06/sociedad/931212001_850215.html

http://bienestar.salud180.com/salud-dia-dia/caracteristicas-de-la-anorexia

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Diario de sesións. 02/12/15

Diario de sesións

Laura P. O.: Redactou a entrada informe sobre a anorexia baseándose nas fontes que lle proporcionaron.

Pedro C.G., Naomi U.R., Eva C.R.: Proporcionaron as fontes, buscaron videos e imaxes... E todo o material audiovisual corre á súa conta.